Saturday 18 de May de 2024

A asociación O Esquío no Piñeiro e o Concello de Brión organizan unha “Andaina do Terror”


A asociación O Esquío no Piñeiro, en colaboración co Concello de Brión, organiza unha “Andaina do Terror”, que terá lugar na tarde/noite do 25 de novembro. Trátase dunha andaina teatralizada, de 5 quilómetros de lonxitude e dificultade baixa que partirá ás 20:30 horas da Carballeira de Santa Minia.

Parta participar é preciso traer lanterna e anotarse na web https://i.gal/AndainaTerror23 antes do 22 de novembro. O número de prazas estará limitado a 200. A cota de inscrición é de 12 euros para persoas adultas e de 6 euros para menores de 10 anos. Inclúe a participación na andaina, un agasallo conmemorativo e unha chocolatada ao remate da camiñata.